Nesta
evolución climática distínguense
varias fases, comenzando polo aínda
frío Preboreal (10.000-9.500 BP) ao
que sigue o máis temperado Boreal (9.500-7.500
BP) ata chegar ao Atlántico (7.500-4.500
BP), no que se alcanzan as máximas
temperaturas; estas comezan o seu descenso
a finais deste período e durante o
Subboreal (4.500-2.800 BP), atemperándose
na última fase holocena, o Subatlántico
(do 2.800 BP ata hoxe).
Se
o Pleistoceno se identificaba coas culturas
dos grandes cazadores do Paleolítico,
o Holoceno vai contemplar desde case o seu
inicio a aparición dunha forma de vida
diferente, na que as sociedades logran o dominio
do medio natural coa agricultura e a gandeiría,
convertíndose en sedentarias e axiña
complexas como resposta ás condicións
climáticas máis benignas.
Os
primeiros milenios do Holoceno, anteriores
ao desenrolo das culturas agrarias (que en
Galicia atopamos xa no 5500 BP), van ser considerados
durante moito tempo como un período
de transición, unha especie de edade
oscura con connotacións de decadencia:
as sociedades humanas xa non producen agora
magníficos obxectos como as puntas
solutrenses ou os arpóns magdalenienses,
nin demostran as súas cualidades artísticas
como antes se fixo nas covas da rexión
franco-cantábrica, pero tampouco son
aínda grupos sedentarios, como os do
Neolitico, que inician o dominio de animais
e plantas e sentan as bases das novas formas
de vida social que levarán despois
ao progresivo dominio do mundo, conquistando
os mares, os montes, o interior da terra e
o espacio exterior. Nesta visión etnocéntrica
e autocomplacente da historia dos pobos non
había sitio para os pouco espectaculares
restos deste período: picos someramente
tallados sobre cantos tallados de cuarcita,
utensilios sobre sílex que recordan
aos do Paleolítico superior pero fabricados
agora cun tamaño mínimo, cantos
rodados con sinxelos trazos de pintura como
toda manifestación artística.
O propio nome que a principios de século
se acuñou para o período ten
as resonancias de oscurantismo e decadencia
con que tamén foron lastrados os tempos
medievais: Mesolítico, edade da "pedra
media", nin Paleo nin Neo, nin antiga
nin nova, intermedia, indefinida, inútil.
Supúxose
en consecuencia que, coa retirada dos fríos
cara ao Norte, emprendeu tamén a súa
migración septentrional a gran fauna
fría (renos, mamuts, bisontes) que
facía as delicias dos grandes artistas
e cazadores do Paleolítico Superior
e, tras eles, foron os homes merecedores de
tal nome. Os outros quedaron, sufrindo a inadaptación
aos novos ambientes nos que o clima se volvía
agresivamente temperado, as acolledoras neves
deixaban paso a inútiles ríos
nos que cada vez habitaban máis peixes,
e a natureza se cubría insultantemente
dun manto verde no que crecían árbores
formando bosques que servían de casa
e refuxio a cervos e xabaríns, por
non falar dos perigosos coellos e lebres.
Nos
anos 30 estableceuse unha subdivisión
no Mesolítico, distinguindo un primeiro
período Epipaleolítico, no que
se prolongaban, cunha tendencia á disminución
de tamaño, as características
técnicas e tipolóxicas das industrias
Magdalenienses, na cultura Aziliense, e un
segundo momento Preneolítico ou propiamente
Mesolítico, no que pronto se distinguiron
variantes segundo as solucións buscadas
polas sociedades humanas para enfrentarse
ao reto do novo clima. Falouse así
dun Mesolítico Regresivo, no que se
perden os logros técnicos e artísticos
do Paleolítico superior; o seu principal
representante se atopou no Asturiense da costa
cantábrica, interpretando os seus restos
como resultado da pérdida das habilidades
moi adaptadas á caza maior selectiva
para dar lugar a poboacións que basaban
a súa subsistencia no marisqueo, deixando
enormes concheiros como proba da sua actividade;
os útiles deste momento son grandes
(macrolíticos) e bastos, someramente
tallados sobre cantos rodados, sendo o pico
o seu principal representante. Unha segunda
posibilidade concretábase no Mesolítico
Adaptativo ou Bizantino, no que as formas
de vida propias do Paleolítico Superior
perviven adaptadas ás novas circunstancias
ecolóxicas; as industrias desenvolven
complexos microlaminares e posteriormente
conxuntos dominados polo microlitismo xeométrico
(fabricando triángulos, trapecios,
crecentes ou medias lúas, etc. de reducido
tamaño a partir de láminas de
sílex); neste momento tería
a súa aparición, como continuación
adaptativa da gran arte do paleolítico,
a Arte Levantina na costa oriental da Península
Ibérica, núcleo fundamental
deste bizantinismo mesolítico. Por
último, considerábase a existencia
dun Mesolítico Progresivo, desenvolto
no Próximo Oriente, no que as sociedades
non se conformn coa mera adaptación
ás novas circunstancias senon que entran
nunha dinámica de novas solucións
que darían lugar á domesticación
de animais e plantas.
Na
actualidade reina certa confusión entre
os términos Epipaleolítico e
Mesolítico, empregándose un,
outro, ou ambolosdous segundo os criterios
dos diferentes autores. Algúns prefiren
falar de Epipaleolítico, por entender
que as industrias son producto das tendencias
evolutivas manifestadas durante o Paleolítico
Superior, sen que se deba falar dun cambio
de orientación ata o Neolítico;
outros autores prefiren o término Mesolítico,
cando menos cando se observen nas industrias
rasgos que as diferencien do Magdaleniense;
finalmente, outros empregan os dous términos,
falando de Epipaleolítico para as industrias
na liña do Paleolítico Superior,
como é o caso do Aziliense, e reservando
o de Mesolítico para as industrias
basadas no microlitismo xeométrico.
Con todo, a confusión é exclusivamente
terminolóxica, pois hai acordo fundamental
na concepción global do período
e das súas características,
manténdose hoxe unha visión
certamente distinta da que presentamos ata
agora.
Así,
as consideracións despectivas hacia
eses "pequenos cazadores" (por ñcontraposición
cos "grandes" do Paleolítico
Superior) que cazaban pequenas pezas cunha
utillaxe asimesmo pequena, desapareceron definitivamente.
Onde antes se vían signos de decadencia
vense agora manifestacións dunha eficiente
adaptación ao medio con oportunos avances
tecnolóxicos.
O
pequeno tamaño das industrias (con
pezas que no seu extremo chegan a medir menos
de un centímetro nas conxuntos chamados
leptolíticos) é a consecuencia
lóxica da tendencia evolutiva da tecnoloxía
a conseguir un aproveitamento óptimo
da materia prima obtendo a maior cantidade
posible de fío cortante. As industrias
microlaminares, que fan gala dunha moi depurada
técnica de talla que fai posible obter
pezas dunha gran finura e fraxilidade, son
a manifestación evidente destes logros.
Os
microlitos xeométricos supoñen
aínda un paso máis, ao introducir
o concepto de estandarización na fabricación,
obtendo unha serie de elementos simples (triángulos,
trapecios e crecentes sobre todo) de forma
e tamaño similares, que representan
útiles modulares e polifacéticos,
para seren empregados en utensilios compostos.
A fabricación de xeométricos
require unha perfección da técnica
de obtención desde o momento mesmo
da preparación do núcleo, a
fin de conseguir follas longas de aristas
paralelas das que se obterán as pequenas
pezas de 2 ou 3 cm. O emprego de instrumentos
compostos de elementos modulares enmangados
permite pola sua parte unha gran versatilidade
na adaptación de cada ferramenta ao
fin desexado, sendo posible fabricar coitelos
rectos, foices curvas, arpóns con aletas
laterales ou flechas coa simple inclusión
sucesiva dos elementos cortantes nun mango
ou soporte da forma adecuada; o pequeno tamaño
e a similitude dos elementos modulares fai
tamén posible a súa sustitución
individual en caso de deterioro, sen necesidade
de retirar da circulación o instrumento
completo.
Unha
das aplicacións dos útiles de
pequeno tamaño, que vai ter gran trascendencia,
é a da súa utilización
como puntas de flecha, o que implica o coñecemento
do seu correlato natural, o arco. A pesar
da posible utilización do arco durante
o Paleolítico Superior (algunhas imáxenes
da arte parietal foron interpretadas como
tales), a sua xeralización é
de tempos posteriores. Arqueiros e esceas
de caza e guerra son frecuentes nos abrigos
da arte levantina, ainda que probablemente
teñan sido pintados en momentos posteriores
ao que estamos a considerar. Pero se coñecen
flechas procedentes de turberas na Europa
nórdica que pertencen a este período,
así como ósos de animais (Paises
Baixos) e de humanos (Arxelia, Bretaña)
que conservan clavadas as armaduras microlíticas
das flechas causantes da sua morte. Aínda
que a ecuación microlito = punta de
flecha non é xeralizable a tódolos
casos, o certo é que en moitos debeu
funcionar.
A
expansión do arco como arma principal
(para a caza, non aínda para a guerra,
fenómeno que de momento parece inexistente)
ven sustituir á azagaia lanzada con
propulsor típica do Paleolítico
Superior. Esta última empregaba puntas
de certo peso para compensar a escasa velocidade
de salida; o arco, no sentido contrario, esixe
puntas lixeiras, poidéndose alcanzar
velocidades de 30 m./seg. se a flecha reune
as debidas condicións. A talla microlítica
resulta crucial para esta nova arma, que permite
lanzamentos de gran potencia e precisión,
o que a convirte en sumamente eficaz para
a caza de animais pequenos e rápidos.
O
arco vai ter, pois, unha gran importancia
na estratexia económica. Pero entendemos
que tamén vai xogar un importante papel
no que se refire aos componentes ideolóxicos
da sociedade, ao convertirse no principal
referente do rol do cazador co que vai ser
identificado o varón frente á
muller. Como cazador aparecerá o varón
na arte levantina, e como cazadores parecen
identificarse os mortos depositados posteriormente
nos sepulcros megalíticos, dotando
de contidos simbólicos, seguramente
relacionados co status e co poder, ao que
en principio non tivo por qué ser máis
que unha división funcional segundo
o sexo. Volveremos máis adiante sobre
isto.
O
MESOLITICO EN GALICIA.
A
aparición da agricultura en Galicia
parece coincidir co óptimo climático
que ten lugar hacia o 6.000 BP. Os tempos
epipaleolítico-mesolíticos abarcan
pois toda a primeira parte do Holoceno, unha
fase anatérmica según P. Ramil,
na que as temperaturas se incrementan ao longo
dos períodos Preboreal, Boreal e a
primeira parte do Atlántico.
A
vexetación evolucionará acorde
co clima; así, do dominio das herbáceas
pásase ao incremento progresivo da
vexetación arbórea, dándose
a expansión do carballo hacia o 9.500
BP e a do avellano uns mil anos despois; durante
o Atlántico o bosque será predominante
no panorama vexetal, extendéndose por
vales e ladeiras, e estando ausente tan só
nas cumbres de montaña e nas ladeiras
excesivamente escarpadas, cubertas por un
tapiz de herbáceas e arbustivas. Nos
millores momentos alternarán incluso
co bosque caducifolio outras especies de climas
máis quentes, como pode ser a encina.
Trátase
pois dun ciclo climático que favorece
os procesos de formación de solos;
tan só se detecta no seu seo algún
momento de inestabilidade, entre o 8.000 e
o 7.500 BP, coincidindo coa transición
do Boreal ao Atlántico; pero este episodio
parece ter un carácter local e estar
en relación máis coa actividade
dos grupos humanos epipaleolíticos
que cunha modificación importante do
clima. As análises polínicas
reflexan tamén este feito, documentando
neses momentos un descenso dos porcentaxes
de polen arbóreo frente ao non arbóreo
nas zonas ocupadas por xacementos; entre estes,
a datación de 7310 160 BP (GrN 16389)
obtida para o de Xestido III resulta concordante
co exposto.
Os
xacementos coñecidos para este período
da prehistoria veñen tamén da
man de J. Ramil Soneira, con excepción
do de Pena Xiboi (Guitiriz, Lugo), excavado
por M.A. López-Felpeto e aínda
en estudio, e o de Pena do Pé (A Capela,
Toques), excavado por D. Cerqueiro Landín,
do que foi publicada unha insuficiente referencia
da excavación acompañada por
un sólido estudio dos materiais elaborado
por R. Villar Quinteiro.
Nos
xacementos da zona occidental da provincia
de Lugo pódese establecer unha certa
secuenciación que proporciona unha
cronoloxía relativa; a situación
desta no tempo ven da man das evidencias polínicas
e edafolóxicas proporcionadas polos
propios xacementos.
Así,
e atendendo tan só aos ben estudiados
ata o momento e dos que se ten a seguridade
da sua permanencia in situ (hai outros, pero
que sufriron pequenos desplazamentos -in loco-
como Arnela V ou grandes, como Chan da Cruz),
atopamos en primeiro lugar, según C.
Llana, os que teñen características
plenamente epipaleolíticas, como Arnela
III ou Val do Inferno I. As industrias, continuadoras
das do Paleolítico Superior, están
compostas por raspadores, burís, perforadores,
escotaduras e follas de dorso, con presencia
variable dos utensilios sobre soporte laminar.
A cronoloxía destes xacementos estaría
situada entre o 8.400 e o 7.700 BP.
De
diferente composición e posteriores
no tempo son outros xacementos (Abrigo XXIX,
Arnela I) que, como o de Xestido III, se sitúan
entre o 7.700 e o 7.300 BP, sendo polo tanto
contemporáneos e con toda probabilidade
responsables do descenso do arbóreo
detectado nas análises polínicas
e do breve episodio de erosión do solo
que o acompaña. Xestido III, ademais
dunha estructura de combustión que
serviu de mostra para a obtención da
data antes citada, proporcionou elementos
vexetais (carbóns e avellanas, que
hai que pór en relación coa
actividade recolectora) e unha industria microlítica
laminar xunto á que aparecen microlitos
xeométricos.
Dunha
fase avanzada parece ser a industria de Pena
do Pé, se ben o feito de non coñecer
as condicións deposicionais e posdeposicionais
do xacemento (industria in situ ou desplazada,
homoxénea ou producto da mezcla de
diversos componentes) merman o valor do estudio
realizado con criterios tecnolóxicos
e tipolóxicos. De todas formas, as
conclusión que se desprenden do carácter
microlítico sobre lascas máis
que sobre láminas, do alto grado de
aproveitamento da materia prima con núcleos
case agotados, e da existencia de triángulos
e de talla de tipo Coincy, sinalan a momentos
mesolíticos moi avanzados senon posteriores;
neste sentido, a existencia de retoque plano-inverso
e en doble bisel apuntarían máis
ben a momentos posteriores á neolitización.
Así pois, comeza a ser coñecida
a presencia de comunidades na Galicia interior
durante case todo o lapso de tempo que vai
dos inicios do Holoceno ata a aparición
da agricultura; trátase unha vez máis
de sociedades que presentan nas suas características
fortes analoxías coas homólogas
da cornisa cantábrica, sen que novamente
teña sentido falar de arcaismo nin
de aillamento.
Un
xacemento diferente dos vistos ata agora é
o de O Reiro, perto da praia de Barrañán
(Arteixo, A Coruña). Trátase
dun asentamento incluido nunha capa de terra
humífera pertencente a un depósito
litoral asentado sobre unha duna fósil,
e á sua vez cuberto por outra duna
sobre a que se desenvolve o solo actual. Obxecto
de extracción de áridos desde
1968 ante a pasividade das autoridades responsables,
non foi obxecto de excavación sistemática.
O seu coñecemento débese unha
vez máis a J. Ramil Soneira, quen durante
varios veráns sucesivos foi salvando
o que poido do estrato arqueolóxicamente
fértil que a acción do mar e
a dos areeiros ían deixando ao descuberto;
finalmente, este investigador xunto con J.M.
Vázquez Varela practicaron unhas catas
de sondeo nalgúns puntos do xacemento.
A
industria de O Reiro contén un doble
componente, macrolítico e microlítico.
As pezas grandes (cantos traballados e lascas)
está fabricada sobre cantos e lascas
de diorita, existindo tamén unha lasca
en gneis. O utillaxe microlítico ten
como materia prima o cuarzo filoniano e o
cristal de rocha; tipolóxicamente é
unha industria sobre follas e lascas na que
se poden diferenciar raspadores, burís,
perforadores e microlitos xeométricos;
as súas características permiten
enmarcala nun momento mesolítico.
Ademáis
de industria lítica no xacemento foi
recollida unha boa cantidade de restos de
fauna, entre os que se sinalaron ósos
de cervo, de xabarín e de aves, así
como numerosas vértebras de peixes.
É unha panoplia que representa ben
o esperable para as comunidades mesolíticas,
tanto na caza como -e agora ben documentado-
na pesca. Chama a atención a ausencia
de moluscos de cuncha, considerados tradicionalmente
como unha das bases, se non a base, da alimentación
das poboacións mesolíticas costeiras,
o que á sua vez era un dos fundamentos
da imaxe de pobreza e decadencia deste momento
histórico. Se a isto engadimos que
segundo os estudos de Vázquez Varela
ningún dos concheiros analizados ata
hoxe na costa galega é anterior á
época castrexa, perfílase un
tema que convén revisar e, se é
necesario, cortar polo san outro vello mito.
Na
parte superior do nivel fértil apareceron
dous pequenos anacos de cerámica, de
fabricación máis ben groseira,
feita dun barro con deficiencias no amasado
e na cocción e empregando grosas areas
de cuarzo como desgraxante. A presencia de
cerámica, dunha tosquedade tal que
fai imposible calquera comparación
ou adscripción cultural, é sorprendente
de seu nun xacemento no que o resto das características
apuntan ao mesolítico, pois a cerámica
se asocia normalmente con momentos neolíticos.
Pero a correspondencia entre neolítico
(é dicir, domesticación de animais
e plantas) e cerámica non sempre é
certa aínda que sexa o máis
habitual, e coñécense numerosos
casos de neolítico precerámico
ou acerámico así como de presencia
de cerámica en xacementos nos que non
existen outros elementos de neolitización
(como, por exemplo, os machados pulidos ou
os muiños de man), sendo posible todo
tipo de combinacións nos momentos nos
que unha sociedade está a se transformar
de predadora en productora. Pode haber, en
poucas palabras, agricultura sin cerámica
ao igual que cerámica sen agricultura
(este podería ser o caso de O Reiro),
ainda que o normal é que ambalasdúas
vaian collidas da man.
A
situación complícase máis
cando J.M. Vázquez Varela da a coñecer
en 1988 que unhas análises polínicas
detectan presencia de polen de cereales, nun
nivel arqueolóxico datado por C14 no
6.590 70 BP (CSIC-508), correspondente ao
intervalo 5.590-5.420 cal.BC, os mediados
do sexto milenio antes de Cristo, en anos
de calendario.
Os
cereales (principalmente o trigo, pero tamén
a cebada, a avea, o millo miudo, posteriormente
o centeo, só moi recentemente o millo)
son o principal componente cultivado das culturas
agrícolas occidentais, nas que non
existen estas plantas en estado silvestre.
Quere isto dicir que os cereales implican
necesariamente cultivo e agricultura, e que
cando un estrato arqueolóxico contén
de seu polen de cereales, como parece que
ocurre no Reiro, necesariamente estamos ante
un estrato formado en presencia dun grupo
humano poseedor dunha tecnoloxía agrícola
suficientemente desenvolvida como para cultivalos;
un grupo humano necesariamente neolítico,
non epipaleolítico nin mesolítico,
nin siquera aínda que consideremos
un mesolítico tardío no que
poida haber presencia de cerámica.
Con esta e con agricultura, estamos nun pleno
neolítico, cunha sociedade que domina
unha economía productora de alimentos
que se complementa con caza e pesca. Vázquez
Varela, se ben con cautela e como hipótese
de traballo, pon sobre a palestra esta posibilidade
para O Reiro.
O
problema principal para aceptar esta hipótese
non ven da industria lítica, pois podería
darse unha pervivencia de tipos mesolíticos
na utillaxe do Neolítico Inicial, etapa
da que para Galicia descoñecemos absolutamente
todo; ven, sobre todo, da datación
de C14. A fecha obtida pola análise
de Fernán Alonso no Instituto de Química
Física "Rocasolano" do CSIC,
situaría a Galicia como pioneira na
neolitización da Península Ibérica
o que, certamente, se fai bastante difícil
de crér. No estado actual dos coñecementos,
as zonas que parecen ser de máis temprana
neolitización proporcionan nestes momentos
datacións posteriores ou como moito
coetáneas á do Reiro, sen que
sexa posible explicar a chegada ao extremo
noroccidental dunha innovación do calibre
da adopción da agricultura sen que
se noten as pegadas nas sociedades que transmitiron
tal innovación.
Por
outra parte débese ter moi en conta
o imprecisos que resultan os coñecementos
divulgados ata agora. A única estratigrafía
do xacemento é a publicada por Ramil
en 1973, antes de realizar as catas de sondeo.
Non se coñece con precisión
o punto de aparición da cerámica,
nin o de toma de mostras para a análise
polínica, nin o da extracción
de carbón para a análise radiométrica.
Sendo así, cabe dentro do posible a
existencia de dous niveis diferentes no xacemento,
un máis antigo de ocupación
mesolítica ao que podería corresponder
a datación, e outro máis reciente
con cerámica e agricultura. Ou, máis
sencillamente, á confusión na
análise do polen de cereal coa doutras
plantas que, por hibridación ou por
variación nutricional, podan producir
polen morfolóxicamente parecido, tal
como plantexan Martínez Cortizas, P.
Ramil e C. Llana en 1993.
De
calquera das maneiras, mentras non se publiquen
novos estudios máis detallados e precisos
sobre o xacemento, as dúbidas están
xustificadas e non resulta posible admitir
a presencia de agricultura en Galicia nun
momento que se contradice con toda a restante
evidencia acumulada ata hoxe tanto para a
esquina noroccidental como para o resto da
Península. E non se trata de que nos
neguemos a romper esquemas; trátase
de que para rompelos hai que presentar máis
probas ou, cando menos, que presentar as ata
agora apenas esbozadas con maior amplitude
e precisión.
No
entanto, O Reiro é o noso millor exemplo
de mesolítico costeiro de mediados
do sexto milenio cal.BC.
BIBLIOGRAFIA
ABAD
GALLEGO, J.C.:
1987
El utillaje en sílex de la bahía
de Baiona. Castrelos. Revista do Museo Municipal
"Quiñones de León",
n 0, Vigo, pp. 39-53.
AGUIRRE,
E.:
1995
La carrera evolutiva hacia el hombre. Conocer,
n 146 (Marzo), pp. 9.
ALONSO
DEL REAL Y RAMOS, C.:
1975
Dificultad y necesidad de un saber prehistórico.
Gallaecia 1, Santiago, pp. 7-23.
BERGOUNIOUX,
R.P.:
1966
La Prehistoria y sus problemas. Ed. Taurus.
Madrid.
BERNALDO
DE QUIROS, F.:
1995
El nacimiento de la muerte. In FABREGAS, PEREZ
& FERNANDEZ (Eds.): Arqueoloxía
da Morte na Península Ibérica
desde as Orixes ata o Medievo, Concello de
Xinzo de Limia (Biblioteca Arqueohistórica
Limiá, Serie Cursos e Congresos 3),
Xinzo de Limia (Ourense), pp. 33-59.
BORDES,
F.:
1961
Typologie du Paleolithique Ancien et Moyen.
5 Edit., 1988, Presses du CNRS, S/L.
BRÉZILLON,
M.:
1983
La dénomination des objets de pierre
taillée. Ed. CNRS, IV supplément
à Gallia Préhistoire, Paris.
CAMPS,
G.:
1982
La Préhistoire. A la recherche du paradis
perdu. Librairie Académique Perrin,
Paris.
CANO
PAN, J.A.:
1990
El yacimiento de Fiales (Oia, Pontevedra).
Gallaecia 12, pp. 19-27.
CAUVIN,
J.:
1994
Naissance des divinités. Naissance
de l'agriculture (La Révolution des
symboles au Néolithique). C.N.R.S.
Editions, Paris.
CLARK,
G.:
1981
La prehistoria. Alianza Universidad n 34.
Madrid. (Traducción de World Prehistory
in New Perspective, Cambridge University Press,
3 ed., 1977).
DUMBAR,
Carl O.:
1971
La Tierra. Ed. Destino, Barcelona. (2 Ed.,
1976).
EHRENBERG,
M.:
1989
Women in Prehistory. British Museum Publications.
London.
FABREGAS
VALCARCE, R.; PENEDO ROMERO, R.:
1995
Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra):
un nuevo motivo en el arte megalítico
del NW Peninsular. In JORGE, V.O. (Coord.):
Actas. 1 Congresso de Arqueologia Peninsular
(Porto, 12-18 de outubro de 1993), vol. V,
Trabalhos de Antropologia e Etnologia, vol.
XXXV (Fasc. 1), Porto, pp. 63-70.
FERNANDEZ
MARTINEZ, V.M.:
1989
Teoría y método de la Arqueología.
Ed. Síntesis. Madrid.
FERNANDEZ
RODRIGUEZ, C.:
1993
Los macromamíferos del Pleistoceno
y Holoceno Inicial en el Noroeste Peninsular.
In PEREZ ALBERTI, A.; GUITIAN RIVERA, L.;
RAMIL REGO, P. (Eds.): La evolución
del Paisaje en las montañas del entorno
de los Caminos Jacobeos. Xunta de Galicia,
Santiago, pp. 183-191.
FERNANDEZ
RODRIGUEZ, C.; VILLAR QUINTEIRO, R.; LLANA
RODRIGUEZ, C.; DOVAL GALAN, F.:
1995 Prospección arqueológica
de cavidades en la Sierra de la Encina de
la Lastra (Rubiá, Ourense): primeros
resultados. Actas del XXII Congreso Nacional
de Arqueología (Vigo 1993), Vol. II,
pp. 43-48.
FURON,
R.:
1972
Las ciencias de la Tierra. In TATON, R. (Dir):
La ciencia moderna (de 1450 a 1800). Historia
general de las Ciencias, vol. 2. Ed. Destino,
Barcelona, pp. 744-761.
1973
- La Geología. In TATON, R. (Dir):
La ciencia contemporánea. I: El siglo
XIX. Historia general de las Ciencias, vol.
3. Ed. Destino, Barcelona, pp. 417-440.
-
La Prehistoria. In TATON, R. (Dir): La ciencia
contemporánea. I: El siglo XIX. Historia
general de las Ciencias, vol. 3. Ed. Destino,
Barcelona, pp. 617-628.
GAMBLE,
C.:
1990
El poblamiento paleolítico de Europa.
Ed. Crítica. Barcelona. (Traducción
de The palaeolithic settlement of Europe,
Cambridge University Press, 1986).
GUILAINE,
J.:
1980
La France d'avant la France. Du néolithique
à lâge du fer. Hachette. Paris.
HOURS,
F.:
1982
Les Civilisations du Paléolithique.
Presses Universitaires de France. Col. "Que
sais-je?". Paris.
JULIEN,
M.:
1986
La Europa prehistórica: El Paleolítico
y el Mesolítico. El papel de la mujer.
Gran Atlas de Arqueología, Ebrisa,
Barcelona, pp. 30-31. (Traducción de
Le Grand Atlas de l'Archeologie, Encyclopaedia
Universalis, 1985).
LEROI-GOURHAN,
A.:
1983
Los primeros artistas de Europa. Encuentro
Ediciones. Madrid. (Traducción de I
piú antichi artisti d'Europa. Introduzione
all'arte parietale paleolitica. Jaca Book
Edizioni 1980).
1988
Dictionnaire de la Préhistoire. Presses
Universitaires de France, Paris.
LLANA
RODRIGUEZ, C.:
1993
La presencia de los Cazadores-Recolectores
en las montañas de Galicia. In PEREZ
ALBERTI, A.; GUITIAN RIVERA, L.; RAMIL REGO,
P. (Eds.): La evolución del Paisaje
en las montañas del entorno de los
Caminos Jacobeos. Xunta de Galicia, Santiago,
pp. 193-209.
LUMLEY,
H. (Dir.):
1982
- Origine et évolution de l'homme.
Laboratoire de Préhistoire du Musée
de l'Homme, París. (Existe traducción
española: Origen y evolución
del hombre. Ministerio de Cultura, 1984).
-
Les premiers habitants de l'Europe (1500000-100000
ans). Laboratoire de Préhistoire du
Musée de l'Homme, París.
MARTI
OLIVER, B.:
1983
Inicios de la agricultura en la Península
Ibérica. Investigación y Ciencia
(Edición en español de Scientific
American), n 78 (Marzo), pp. 98-107.
MARTINEZ CORTIZAS, A,; MOARES DOMINGUEZ, C.:
1995
Edafología y Arqueología. Estudio
de yacimientos arqueológicos al aire
libre en Galicia. Xunta de Galicia, Consellería
de Cultura. Santiago.
MEIRELES,
J.:
1994
As indústrias líticas pré-históricas
do Litoral do Minho (Portugal) e o seu quadro
litoestratigráfico. In JORGE, V.O.
(Coord.): Actas. 1 Congresso de Arqueologia
Peninsular (Porto, 12-18 de outubro de 1993),
vol. IV, Trabalhos de Antropologia e Etnologia,
vol. XXXIV (Fasc. 3-4), Porto, pp. 17-42.
PEREZ
ALBERTI, A.:
1986
A evolución xeomorfolóxica do
espazo xeográfico galego. In VV.AA.:
O meio natural galego. Homenaxe a D. Isidro
Parga Pondal. Cuadernos do Seminario de Sargadelos,
n 47. Ediciós do Castro. Sada.
PERICOT,
L.; MALUQUER, J.:
1970
La humanidad prehistórica. Biblioteca
Básica Salvat. Libro RTV n 25. S/L.
PILBEAM,
D.:
1984
Origen de hominoideos y homínidos.
Investigación y Ciencia (Edición
en español de Scientific American),
n 92, Mayo, pp. 48-58.
PIVETEAU,
J.:
1973
Paleontología de los vertebrados. In
TATON, R. (Dir): La ciencia contemporánea.
I: El siglo XIX. Historia general de las Ciencias,
vol. 3. Ed. Destino, Barcelona, pp. 561-583.
QUEROL,
M A.:
1991
De los primeros seres humanos. Ed. Síntesis,
Madrid.
RAMIL
REGO, E.:
e/p
El poblamiento de la Sierra del Xistral (Lugo)
a finales del Paleolítico. Actas del
XXI Congreso Nacional de Arqueología
(Teruel-Albarracín 1991).
RAMIL
REGO, P.:
1993
Evolución climática e Historia
de la vegetación durante el Pleistoceno
Superior y el Holoceno en las regiones motañosas
del Noroeste Ibérico. In PEREZ ALBERTI,
A.; GUITIAN RIVERA, L.; RAMIL REGO, P. (Eds.):
La evolución del Paisaje en las montañas
del entorno de los Caminos Jacobeos. Xunta
de Galicia, Santiago, pp. 25-60.
RAMIL
REGO, P.; MARTINEZ CORTIZAS, A.; RODRIGUEZ
LOBELLE, B.:
1992
El yacimiento prehistórico de A Pena
Grande, Villalba, Galicia (NW España):
Análisis Polínico y Edafológico.
Revue de Paléobiologie, Genève,
vol. 11, n 1, pp. 231-241.
RAMIL
SONEIRA, J.:
n/p
El Mesolítico Gallego (inédito).
Consultable na Biblioteca da Real Academia
Galega (A Coruña).
RAMIL
SONEIRA, J.; RAMIL REGO, E.:
1995
A Pena Grande (Santaballa, Villalba), un yacimiento
de finales del Paleolítico al Norte
de la provincia de Lugo. Actas del XXII Congreso
Nacional de Arqueología (Vigo 1993),
pp. 351-356.
RAPOSO,
L.:
1993
Paleolítico. In SILVA, A.C.F. (Ed.):
Pré-Historia de Portugal. Universidade
Aberta, Lisboa, pp. 39-111.
RAPOSO,
L.; SILVA, C. Tavares da:
1993
Mesolítico. In SILVA, A.C.F. (Ed.):
Pré-Historia de Portugal. Universidade
Aberta, Lisboa, pp. 113-148.
REY
SALGADO, J.M.:
1991
Estudio da microfauna de vertebrados do xacemento
paleolítico da "Cova da Valiña"
(Castroverde, Lugo). Arqueoloxía. Informes
2. Campaña 1988. Xunta de Galicia,
Santiago, pp. 297.
RIBEIRO,
J.P. da Cunha:
1990
Os Primeiros Habitantes. In ALARCÃO,
J. (Coord.): Portugal das origens à
romanização. Ed. Presença,
Lisboa, pp. 15-74.
RODRIGUEZ
CAO, C.:
1991
Prospección arqueolóxica da
comarca de Bande (Ourense). Arqueoloxía-Informes
2- Campaña 1988. Xunta de Galicia,
Santiago, pp. 237-240.
RODRIGUEZ
GRACIA, V.:
1974
s/v Gándaras de Budiño. Gran
Enciclopedia Gallega, vol. 15, pp. 133-136.
SANTONJA
GOMEZ, M.; QUEROL, M.A.:
1987
La cultura material durante el Paleolítico
Inferior. In Cano Herrera, M. et al.: Prehistoria.
Gran Historia Universal, vol. I, Ed. Nájera,
Madrid, pp. 65-138.
SILVA,
C. Tavares da:
1993
O Neolítico Antigo. Neolítico
Medio e Final. O Megalitismo. Calcolítico.
In SILVA, A.C.F. (Ed.): Pré-Historia
de Portugal. Universidade Aberta, Lisboa,
pp. 149-233.
SIO
DOPESO, M.:
1995
Arqueología e industria, un equilibrio
sostenible. Cultura (suplemento de La Voz
de Galicia), año I, n 19 (6 de julio),
pp. 2-4.
STRAUS,
L.G.:
1983
El Solutrense Vasco-Cantábrico. Una
nueva perspectiva. Ministerio de Cultura.
Dirección General de Bellas Artes y
Archivos. Madrid.
VICENT
GARCIA, J.M.:
1995
Problemas teóricos de la Arqueología
de la Muerte. Una introducción. In
FABREGAS, PEREZ & FERNANDEZ (Eds.): Arqueoloxía
da Morte na Península Ibérica
desde as Orixes ata o Medievo, Concello de
Xinzo de Limia (Biblioteca Arqueohistórica
Limiá, Serie Cursos e Congresos 3),
Xinzo de Limia (Ourense), pp. 13-31.
VIDAL
ROMANI, J.R.:
1979
El período Cuaternario en Galicia.
Gallaecia 2, Santiago, pp. 19-35.